59 traballadores se encargarán este ano da limpeza das 35 praias de Vigo
Este mércores deu comezo a tempada de limpeza de praias, e o alcalde recibíu aos 18 novos traballadores contratados este ano polo Concello para realizar este servizo. Estes, sumados aos 6 funcionarios municipais, aos 22 traballadores que aporta a empresa concesionaria FCC e aos 13 máis solicitados á Deputación de Pontevedra, se encargarán da limpeza das 35 praias viguesas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores á nova brigada de limpeza de praias contratada para esta tempada polo Concello de Vigo. Os 18 traballadores, xunto cos 13 solicitados á Deputación de Pontevedra, os 6 funcionarios municipais permanentes e os 22 que aporta a empresa concesionaria FCC, suman un total de 59 persoas traballando nunha actuación "prioritaria" para o alcalde.
Ao capital humano se lles sumarán os dous tractores limpadores, un do Concello de Vigo e outro do Ministerio de Fomento, e probablemente un terceiro, que "habitualmente" cede a Deputación de Pontevedra.
O alcalde salientou que, para a limpeza das 35 praias do termo municipal de Vigo, existe un sistema global de actuación que "nos pode facer acredores dun número moi importante de bandeiras azuis".