Escoitar

O tenente de alcalde presenta a nova sinalización turística que amplía os recursos informativos aos visitantes

A cidade de Vigo estreou hoxe a súa nova sinalización turística. O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio e Turismo, Santi Domínguez, presentou a primeira fase do proxecto de sinalización turística da cidade, que ten como obxectivo "facilitar ás persoas que nos visitan toda a información que podan necesitar para desprazarse pola cidade, chegar aos lugares de interese ou poder interpretar o que están vendo. É un paso máis no plan de excelencia turística que temos en marcha", explicou o tenente de alcalde.

xoves, 15 mai 2008
1210852089sinalizacion.jpg
Santi Domínguez subliñou que esta iniciativa, que conta cun orzamento de 222.774 euros para o seu deseño, realización, fabricación e montaxe, presenta como novidade a sinalización nos barrios e as parroquias, así como nos principais monumentos da cidade. "Nesta primeira fase instálanse un total de 55 sinais de benvida, direccionais, rutas urbanas, información xeral, interpretativas e recursos naturais", sinalou o tenente de alcalde, quen explicou que xa están colocados todas os sinais direccionais e nas vindeiras semanas rematarase o proceso de instalación desta sinalización ata un total de 55. As novas sinais ofrecen aos visitantes información da dirección na que se atopan os principias puntos de interese como a Fortaleza do Castro, a rúa das Ostras ou a Praza do Berbés, pero tamén os museos da cidade, as oficinas de información turística ou as zonas comerciais.

Os sinais direccionais son 25 e principalmente estarán distribuidas polas rúas do Casco Vello, aínda que tamén se instalarán na zona do Ensanche e as súas inmediacións. A súa ubicación é a rúa II República (Baixada), a Porta do Sol, esquina II República, a rúa Misericordia con Elduayen, a rúa Elduayen, a praza da Princesa, a praza da Constitución, a rúa Pescadería, a rúa Maestre, esquina Montero Ríos, a rúa Montero Ríos esquina Concepción Arenal, a praza de Compostela esquina Concepción Arenal, a rúa Victoria esquina Gamboa, a porta do Sol con Carral, o paseo de Alfonso XII, a rúa Elduayen, esquina San Vicente, a rúa Policarpo Sanz, esquina Pontevedra; a avenida García Barbón, con Alfonso XII, a saída da estación de tren, a estación Marítima de Ría; a rúa Urzáiz, con Lepanto; a rúa Príncipe, esquina Colón; Policarpo Sanz, con Velázquez Moreno; Policarpo Sanz, cruce Colón; o paseo Rosalía de Castro (entrada Fortaleza do Castro); a fortaleza do Castro; e a entrada ao parque de Castrelos.

Os sinais de benvida estarán instalados en catro puntos de acceso á cidade e darán a benvida aos visitantes en galego, castelán, inglés, francés, alemán e italiano. Estarán situados na avenida de Madrid, esquina Baixada San Roque; na PO 552 Nigrán-Vigo, rotonda de Saiáns, na saída do Aeroporto; na Travesía de Vigo, esquina Bos Aires. Nos planímetros de información xeral aparecen sinalados os principais puntos de interese e tamén os números de teléfono que podan necesitar os visitantes durante a súa estadía. Instalaránse oitos nos principias puntos de chegada á cidade, como a estación de tren, a estación de autobuses, o aeroporto, a praza do Rei, a estación marítima, Concepción Areal con Montero Ríos, a praza de España e a fortaleza do Castro.

A sinalización de información das rutas ten como obxectivo informar aos visitantes dos diferentes percorridos que poden facer para coñecer a nosa cidade. Recóllense as rutas de "Cen minutos de naturaza", "Cen minutos de cultura", "Cen minutos de mar" e de "Arquitectura racionalista. Son sete e estarán situadas na fortaleza de San Sebastián; na rúa Príncipe – Praza de Urzáiz; dúas na praza de A Pedra; na fortaleza do Castro; na praza do Berbés e na rúa Urzáiz, na altura do número 49. Os sinais medioambientais teñen como finalidade informar da ubicación exacta dos recursos naturais da cidade, fundamentalmente das prais de Vigo e tamén doutros recursos como pode ser o sendeiro do río Lagares. Son catro e estarán situadas na praia de Samil; na praia da Fontaiña; na praia de Arganzada e na avenida de Samil, no inicio do sendeiro do Lagares. Finalmente, as sinais interpretativas instalaránse nos principais miradoiros da cidade coa finalidade de situar e informar aos visitantes sobre o que están contemplando desde ese lugar. Son sete e estarán situadas no Paseo de Alfonso XII; na fortaleza de San Sebastián; dúas na fortaleza do Castro; no monte dos Pozos; no monte de A Madroa, e no monte de A Guía.

"Coa colocación da nova sinalización estamos dando un paso máis para que a cidade estea correctamente sinalizada", apuntou o tenente de alcalde, quen anunciou que nos vindeiros días convocará aos directores dos hoteles de Vigo para realizar un percorrido pola cidade.

Nunha segunda fase instalaranse outros 25 paneis identificativos de edificios e monumentos, de xeito que se pretende cumprir cun dobre obxectivo: "poñer en valor o noso patrimonio ao tempo que ofrecer información detalladas aos visitantes do que están observando", salientou o tenente de alcalde. Ademais, Santi Domínguez indicou que no deseño da nova sinalización buscouse que estivera "o máis integrada posible no contorno no que se ía ubicar". Así as sinais que van instaladas na zona histórica da cidade é as súas inmediacións vai sobre fondos grises, mentras que as situadas fóra desde ámbito e en espazos naturais son de fondo verde.

"Coa colocación da nova sinalización estamos dando un paso máis para que a cidade estea correctamente sinalizada", apuntou o tenente de alcalde, quen anunciou que nos vindeiros días convocará aos directores dos hoteles de Vigo para realizar un percorrido pola cidade.
Descargar todas as imaxes