As obras do aparcamento de Policarpo Sanz comezan o próximo luns
Tras o inicio o pasado luns dos traballos do párking de Pintor Colmeiro, o próximo luns, 19 de maio, dará comezo a construcción do seguinte aparcadoiro en Policarpo Sanz. O goberno local xa ten preparado o plan de tráfico, que varía segundo a fase na que se atope a obra. O alcalde, Abel Caballero, fixou os dous obxectivos do Plan: "mínimas molestias para os cidadáns e garantir o tráfico fluido na cidade".
Os traballos do novo aparcamento na rúa Policarpo Sanz comezarán o próximo luns, 19 de maio, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves o Plan de tráfico con dous obxectivos: causar as "mínimas molestias aos cidadáns" e "garantir o tráfico fluído na cidade".
As obras terán unha duración total de 30 meses e o plan de tráfico elaborado polo goberno local contempla seis actuacións distintas dependendo da fase na que se atopen os traballos. Así, a variante municipal establece seis alternativas de tráfico: a primeira que entra en vigor este luns e estará vixente os dous primeiros meses, outra entre o segundo e o sexto mes, unha máis para o sétimo, outra para o período entre o sétimo e duodécimo mes, outra alternativa entre os meses doce e catorce e unha última para os 16 meses finais.
O alcalde aseverou que o goberno ten a "vocación de que as molestias aos cidadáns sexan as menores posibles", polo que o tráfico se optimizará atendendo ao estado dos traballos.
Descargar todas as imaxes