Escoitar

Cento vinte mulleres participan no primeiro obradoiro erótico "Os praceres de Lola" organizado pola Concellería de Igualdade

Un total de cento vinte mulleres participarán no primeiro obradoiro erótico, denominado "Os praceres de Lola", organizado pola Concellería de Igualdade, segundo anunciou hoxe a concelleira Iolanda Veloso. "Dar a coñecer aspectos da sexualidade feminina nun ambiente distendido e relaxado dende unha perspectiva feminista é o obxectivo fundamental desta iniciativa, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello", subliñou a concelleira de Igualdade.

venres, 16 mai 2008
1210942977tuppersex160508.JPG
"No obradoiro participan mulleres de todas as idades, aínda que o grupo máis numeroso de participantes se sitúa entre os 20 e os 40 anos", explicou Iolanda Veloso. A edil nacionalista sinalou que as monitoras do obradoiro propician durante a xuntanza o autocoñecemento das participantes "dende unha perspectiva de xénero", e achegan a xoguetería erótica ás mulleres, amosando cada un deles e o seu funcionamento "dun xeito próximo".

A concelleira de Igualdade sinalou que a idea orixinal do obradoiro xurdiu das xuntanzas que hai anos se desenvolvían entre amigas para coñecer os tupperware, de xeito que se achegan os tupper ao mundo do erotismo. En España "Os praceres de Lola" xurdiron hai catro anos e hai tres abriuse unha tenda erótica só para mulleres en Madrid, na que tamén se pode disfrutar da cafetería e das exposicións que se organizan periodicamente. "As propias mulleres agradeceron esta iniciativa e nos demandaron saír de Madrid", explicaron as responsables do obradoiro, Marisa e Sara.

"A aceptación desta iniciativa por parte das mulleres viguesas superou todas as expectativas iniciais", salientou Iolanda Veloso, de xeito que o obradoiro desenvolverase en dúas quendas, a primeira delas hoxe de 19.30 a 21.30. Neste mesmo sentido se manifestaron as organizadoras, quenes expresaron a súa sorpresa pola boa acollida que o obradoiro está a ter en Vigo. "Se nos decidimos a abrir unha tenda fora de Madrid, pensaremos moi en serio facelo en Galicia", apuntaron. Ademais, indicaron que asdúbidas máis frecuentes plantexadas polas mulleres participantes nos obradoiros que organizan en diversos puntos do estado español se refiren ao punto "G", ao orgasmo e as novidades en materia de xoguetería erótica. "O gasto medio por persoa ao mes ronda os 200 euros e os xoguetes máis vendidos son as bolas chinesas", concluiron.
Descargar todas as imaxes