A Escola Municipal de Música de Vigo ofrece un concerto na prisión da Lama
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo realizará un concerto no auditorio do cárcere da Lama o 17 de maio "Día das Letras Galegas" as 17:30 horas. Este concerto está organizado pola Asociación penitenciaría "Concepción Arenal" que estuda e colabora coa reinserción social dos liberados.
A Escola Municipal de Música de Vigo inicia así unha colaboración social coa asociación "Concepción Areal" co obxectivo de abrir novas portas que axuden a reinserción social dos presos e ademais, para os alumnos do Centro, converterase nunha experiencia única que os fará ver a este colectivo con outros ollos.
O programa a interpretar consta de dúas partes: unha primeira parte integrada por obras de Bach, Beethoven, Rossini e Mahler e unha segunda de estilo Pop e caribeño. O concerto dirixido por Óscar Davila terá ademais unha orientación didáctica para unha mellor compresión das pezas.
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo nace no ano 2000 no seno do propio Centro. O seu estreo realizouse no Auditorio do Concello de Vigo o 21 de novembro de 2000. Esta agrupación ten como finalidade interpretar e divulgar a música dun xeito didáctico e lúdico.
Durante estes anos realizou innumerables concertos, actuou no Teatro Municipal de Olot (Girona) o 18 de Maio de 2001, o 21 de xuño de 2001 no concerto "día internacional da música no Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o 17 de Maio de 2003 o Concerto "día das letras galegas" en Santiago de Compostela e concertos en distintos lugares da xeografía galega, en Ribadeo, Porriño, Beade (Vigo), Allariz, Zaragoza, etc.
Ademais ten desenvolvido varios programas didácticos, en maio do 2003 "O Carnaval dos Animais", en maio de 2005 "Moldava" realizando varios concertos na cidade de Vigo organizados pola Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Anualmente realiza un programa de concertos nas actividades organizadas pola Escola Municipal de Música de Vigo: Concerto "Serán Ceciliano", Concerto de Nadal, Concerto de Entroido, Concerto Novosmúsicos no Auditorio do Centro Cultural Caixanova, Concerto didáctico "Música e Movemento" e Concerto "Día Internacional da Música". Cabe destacar o concerto ofrecido no Auditorio de Zaragoza o 8 de febreiro de 2005 na celebración do Encontro Musical entre as Escolas de Música de Zaragoza e Vigo cun grande éxito de crítica e público.
Director
Óscar Davila Mariño, profesor superior de Trompa con Mención de Honra polo Conservatorio Superior de Música de Vigo con Samuel Perez. Prosegue os seus estudios con Salvador Navarro e realiza cursos de perfeccionamento con Bohdan sebestik, Luis Morato, Javier Bonet, Rodolfo Edelpe, Eric Terwilliger.
Así mesmo asiste a cursos de direción e práctica orquestral con James Ross e Jose Gomez. Realiza o Master Universitario "A animación nos concertos didácticos" na Universidade de Granada e cursos de pedagoxía musical con Verena Maschat, Fernando Palacios, Carles Riera, Mark Withers, Polo Vallejo, Sofia Lopez Ibor, Arlette Biget, Claude-Henry Joubert, Doug Goodkin, W.Hartman …
Como instrumentista pertenceu a Xoven Orquestra de Galicia, é membro da Orquestra Clásica de Vigo dende 1988 e colaborou en distintos programas ca Orquestra Nacional de España. Traballou con directores coma de Walter Weller, James Ross, Manuel Martinez Alvarez-Nava, Arturo Tamayo, Theo Alcántara, Andras Ligeti e Rafael Frühbeck de Burgos entre outros.
Foi profesor de trompa da Escola Profissional de Música de Viana do Castelo (Portugal) do Conservatorio Profesional de Música de Ourense e na actualidade e director da Escola Municipal de Música de Vigo.