Actos do Concello do "Día das Letras Galegas"
Unha ruta a pé pola rúas da cidade para coñecer os lugares onde foi protagonista a lingua galega, obradoiros no Verbum e o Marco, exposicións no museo "Quiñones de León", teatro , un xantar-romería en música en Castrelos son as actividades que organiza o Concello de Vigo o día 17 de maio con motivo do "Día das Letras Galega"
A quinta edición do "Camiña e coñece", abrirá os actos previstos para o día. Deste xeito, visitaranse rúas da cidade moi vencelladas a nosa cultura, como o lugar onde se publicou o primeiro libro de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro ou onde viviu o primeiro en traducir do grego antigo ao galego a Ilíada. A ruta iniciase O ás 10:30 horas na Praza do Rei para regresar ás 13.30 horas, onde haberá autobuses a disposición das persoas que o desexen para o seu traslado ao parque de Castrelos, para participar nun xantar popular.
No "Xantar-romaría das Letras", que dará comezo ás 14 horas, os participantes poderán levar a súa propia comida ou ben recoller a súa "Cesta das Letras", tras presentar o xustificante de pago. A cesta, que está pensada para catro ou seis persoas a un prezo de doce euros por persoa, inclúe diversas bebidas, lacón, queixo de tetilla, polbo á vinagreta, ensalada rusa, chourizos galegos, lombo, iogur e torta de améndoas e froita, así como un mantel e as cuncas correspondentes gravadas cunha lenda conmemorativa. O xantar, para o cal instalarase unha carpa e mesas, estará animado polo grupo de gaitas Zurrumalla. Pola tarde, ademais de música, haberá xogos populares tanto para adultos como para nenos e nenas, así como a posibilidade de participar nas visitas guiadas organizadas polo museo de Castrelos para percorrer a exposición "Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo".
Nun día tan importante para as Letras Galegas, tamén desenvolveranse actividades relacionadas con Xosé María Álvarez Blázquez, o homenaxeado deste ano. Así, o Verbum acollerá obradoiros para nenos e nenas, de 12 a 14 horas e de 17 a 19 horas, e lectura e gravación dunha selección de obras de Álvarez Blázquez, de 10 a 19 horas. Ademais, no Calvario, na praza da Independencia e na praza de Urzáiz haberá puntos de lecturas de fragmentos das obras do autor, e todas as persoas que participen na iniciativa recibirán un libro de agasallo.
Xa o 18 de maio, ás 12 horas, terá lugar a proxección do filme "O concursante", nos Cines Yelmo-Cineplex. E o 20 de maio, Pilar Barciela impartirá a conferencia "O arqueólogo Xosé María Álvarez Blázquez, buscador de tesouros", ás 20 horas na Casa Galega da Cultura, que inaugurará o día 21 de maio a mostra "A palabra e os días", sobre o traballo literario do homenaxeado. Os días 24 e 25 de maio continúan as actividades de títeres, en Saiáns e Candeán respectivamente, coa representación da obra "Polgariño", a cargo de Artello Teatro.
Descargar todas as imaxes