Retorno da escultura de Curros Enriquez á Alameda
Tras ser levada ao Monte do Castro no ano 1965, este venres foi devolta a escultura de Manuel Curros Enriquez á Alameda de Vigo, o lugar que ocupou desde que se inaugurou no ano 1911. Este ano se cumpre o centenario do pasamento do escritor e os alcaldes de Vigo e de Celanova inauguraron o retorno do busto ao seu emprazamento orixinal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo rexedor de Celanova, Antonio Mouriño, inauguraron este venres a volta á Praza de Compostela, o seu emprazamento orixinal, da escultura que Vigo lle dedicou ao prolífico escritor Manuel Curros Enriquez.
O goberno local quere, con este xesto, honrar a figura do literato de Celanova, no ano que se cumpre o centenario do seu pasamento. O acto iniciouse coa interpretación de "Unha noite na eira do trigo" de Curros Enriquez, e continuou co recitar dun poema do egrexio autor por parte da actriz Uxía Blanco para rematar, tras as intervencións dos alcaldes municipais, cunha canción interpretada por Lorena Lores.
A escultura homenaxe de Vigo a Curros Enriquez foi erixida en 1911, tres anos despois do seu falecemento, e emprazada na Alameda da cidade. Alí ficou ata que no ano 1965 foi trasladada ao Monte do Castro, onde permaneceu ata este venres. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enxalzou a figura do literato, en especial na súa relación con Vigo, cidade a que dedicou un poema, e salientou que se salda co traslado a "débeda histórica" da cidade con Curros.