luns, 23 abril 2007

O Concello instala dous columnas de rescate cardíaco

luns, 23 abr 2007

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, a xefa da base do 061 de Vigo, Leonor Estévez e o director territorial de Galicia de Telefónica, Javier Zulueta, presentaron o soporte do servizo de cardioprotección a través da instalacións de columnas de rescate cardíaco que están situadas no interior do edificio municipal e no parque móbil.

Venda de entradas para os "Concertos para bebés"

luns, 23 abr 2007

O martes, día 24 de abril, a partir das 8.00 horas poderanse mercar as entradas para os "Concertos para Bebés" que organiza a concellería de Cultura os días 27,28 e 29 de abril no Verbum. A venda de entradas será polo sistema de venda telefónica de CaixaGalicia (902.434.443)

Venda de abonos dos concertos do Festival Imaxina Sons 2007

luns, 23 abr 2007

Caixanova pon á venda a partir do próximo martes 24 de abril os abonos para os tres concertos do festival Imaxina Sons que se celebrarán na súa sé da rúa Policarpo Sanz e que organiza a Concellería de Cultura o próximo mes de xuño. Os artistas que visitarán este ano o Centro Cultural Caixanova son Jan Garbarek Group, Chano Domínguez New Flamenco Sound e a Imaxina Jazz Orquestra con artistas invitados e dirixida por Nani García.

La cimentación del Auditorio se retrasa un mes más

luns, 23 abr 2007

Las obras de cimentación del Auditorio-Palacio de Congresos se retrasarán un mes más, debido al hallazgo, por parte de la empresa constructora, de más roca de la esperada en el subsuelo de la antigua Casa Mar. Durante el mencionado período el Ayuntamiento tramitará la modificación del proyecto de ejecución.