Escoitar

O Concello instala dous columnas de rescate cardíaco

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, a xefa da base do 061 de Vigo, Leonor Estévez e o director territorial de Galicia de Telefónica, Javier Zulueta, presentaron o soporte do servizo de cardioprotección a través da instalacións de columnas de rescate cardíaco que están situadas no interior do edificio municipal e no parque móbil.

luns, 23 abr 2007
1177333854cardiaco230407a.jpg
Simulacro de atención de rescate cardíaco
As columnas de rescate cardíacas son aparellos nos que no seu interior se atopa un desfrilador0+ semiautomático externo para facilitar o acceso rápido á desfibrilación, proporcionando outra oportunidade de vida ás vitimas de morte súbita cardíaca.

Estes desfibriladores semiautomáticos externos son similares aos que forman parte da dotación habitual das ambulancias asistenciais do 061-Galicia. Coa instalación destas columnas de rescate cardíacas achegase aínda máis á atención sanitaria urxente á cidadanía.

O edificio central do Concello de Vigo e as instalacións do Parque Móbil Municipal son os lugares onde están situadas estas columnas cardíacas. A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 impartiu dous cursos de formación para os traballadores do Concello, nos que formou a 35 persoas co obxecto de adestrar ao persoal das instalacións no uso deste aparellos.

Vigo é o primeiro Concello da Comunidade Autónoma que instala estas columnas de rescate cardíaco.
Descargar todas as imaxes