Escoitar

Venda de abonos dos concertos do Festival Imaxina Sons 2007

Caixanova pon á venda a partir do próximo martes 24 de abril os abonos para os tres concertos do festival Imaxina Sons que se celebrarán na súa sé da rúa Policarpo Sanz e que organiza a Concellería de Cultura o próximo mes de xuño. Os artistas que visitarán este ano o Centro Cultural Caixanova son Jan Garbarek Group, Chano Domínguez New Flamenco Sound e a Imaxina Jazz Orquestra con artistas invitados e dirixida por Nani García.

luns, 23 abr 2007
11773335561177332667imaxina07.jpg
Jan Garbarek só ofrecerá dous concertos en España na súa actual xira: o de Vigo e en Madrid no Teatro Real. A última e única vez que visitou Galicia remóntase a novembro de 1989, de forma que esta é unha oportunidade única para ver ao saxofonista noruego quen, ademais, visitaranos coa mellor das súas formacións, incluíndo ao baterista e percusionista Manú Katché, cuxo segundo e último disco como líder foi elixido pola crítica en Alemania como mellor disco do ano en 2006.

As entradas normais para cada un destes tres concertos e tamén para os tres que se celebrarán no Auditorio do Concello (Henri Texier Strada Sextet, Sir Charles 4 e Dani Flors) poñeranse á venda a partir do próximo 7 de maio.

As entradas para os concertos de solistas que se celebrarán no Marco venderanse no propio recinto a partir dunha hora antes do comezo do espectáculo.
Descargar todas as imaxes