Vigo Dixital preséntase ao sector educativo
Esta mañá foi presentado ao sector educativo da cidade o programa Vigo Dixital e mailo software que se aplicará para a súa posta en marcha, que se vai converter nunha plataforma pioneira en España.
A concelleira de Participación Cidadá e Benestar Social, Marta Iglesias, xunto ao director do proxecto, Francisco Orúe, e un técnico de Fujitsu España, a empresa que desenvolve o software, fixeron unha demostración ante unha trintena de profesores e directores de centros escolares da cidade, na que se lles explicaron os detalles do programa e o funcionamento do software.
Na actualidade o proxecto está na fase de elaboración do seu software e está previsto que entre en funcionamento o próximo curso escolar, atendendo as necesidades educativas duns vinte rapaces, que é o promedio que permanece no Hospital Xeral con estadías de longa duración.
Os mestres e directores asistentes amosaron grande interese polo proxecto, que contribuirá ao benestar dos cativos ingresados no Hospital Xeral, ao permitirlles sentirse integrados no seu contorno educativo habitual.
A singularidade do proxecto, denominado Vigo Dixital, está no feito de que os cativos e cativas, que actualmente reciben ensino do persoal que se atopa no propio hospital, verán reforzada esa atención coa que impartirán os seus propios mestres desde as aulas. Este servizo é fundamental para que os escolares doentes poidan recibir a mesma formación que os seus compañeiros que poden asistir ás aulas.
Vigo Dixital é un programa educativo dirixido aos nenos e nenas de entre 6 e 16 anos (a franxa do ensino obrigatorio) que están hospitalizados ou en fase de recuperación nos seus domicilios, e que pola súa situación non poden asistir durante un longo período de tempo aos centros escolares nos que están matriculados.
A proposta, desenvolvida pola Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social do Concello de Vigo ao amparo do programa europeo de desenvolvemento das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) "e-Europe" permite que estes nenos poidan recibir clases coordinadas polos mestres dos centros onde están matriculados, utilizando as últimas tecnoloxías, como ordenadores con conexións de banda ancha, Tablet PC, pizarras virtuais e unha plataforma de software intuitiva e de fácil uso.
Ademais dos nenos e nenas, e dos seus pais, os mestres que se sumen á iniciativa, recibirán un curso de formación previo.
Así mesmo, o proxecto permitirá crear unha base de datos de recursos educativos xerados no propio programa que poderán ser utilizados por toda a comunidade educativa.
Vigo Dixital porá as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) ao servizo dos rapaces, incidindo na mellora do sistema educativo como unha parte máis do tratamento da enfermidade, mediante un labor compartido entre pais, docentes e persoal sanitario.
Encadrado no programa europeo "Cidades Dixitais", Vigo Dixital evita rachar o vínculo do alumno co seu centro de ensino. Isto supón, na práctica, a posta en marcha dunha "aula multimedia" dedicada á formación presencial e a distancia, así como unha sala de videoconferencias.
Vigo Dixital é un programa desenvolvido pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Unión Europea a través dos fondos FEDER de desenvolvemento rexional, cun orzamento de 698.000 euros, dos que 300.000 son achegados polo Concello de Vigo, 235.000 pola Xunta e 163.000 polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Descargar todas as imaxes