Venda de entradas para os "Concertos para bebés"
O martes, día 24 de abril, a partir das 8.00 horas poderanse mercar as entradas para os "Concertos para Bebés" que organiza a concellería de Cultura os días 27,28 e 29 de abril no Verbum. A venda de entradas será polo sistema de venda telefónica de CaixaGalicia (902.434.443)
O espectáculo está dirixidos a nenos e nenas de 0 a 5 anos, co acompañamento de adultos, e mulleres embarazadas. Os concertos teñen como núcleo central a música clásica, no que se incorpora tamén temas tradicionais, pop-rock, improvisacións vocais e instrumentais coa participación do público asistentes.
Os concertos celebraranse os seguintes días e horarios: venres,27 de abril ás 16h e 17.30 horas; sábado 28 de abril ás 11.30h e 13 horas e domingo 29 de abril ás 11.30 horas e 13 horas.
Por necesidades do propio espectáculo , cada función terá unha capacidade máxima de 50 nenos e nenas ate cinco anos, con posibilidade de dous acompañantes adultos, a un prezo de 2 euros. Cada persoa poderá mercar un máximo de tres entradas. En caso das mulleres embarazadas, o prezo será igualmente de 2 euros, con dereito a un acompañante.
Os concertos estarán dirixidos por Paulo Lameiro, director pedagóxico da Escola de Artes SAMP de Portugal e integra a dirección e o consello científico do Instituto de Etnomusicoloxía da Universidade Nova de Lisboa, no cal realiza varios proxectos de investigación. Lameiro rodéase para os concertos dun cuarteto de saxofón e as voces de as artistas Ana Urbano, Isabel Catarino e Cristina Francisco.
O pasado mes de novembro, o festival de Música Are-More traía á cidade de Vigo o espectáculo singular de Concertos para Bebés, experiencia pioneira no noso país, dirixida polo músico e pedagogo Paolo Lamiero. A experiencia significou un notable éxito, esgotándose as entradas en media hora. O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, lembraba hoxe estes datos e o compromiso adquirido polo Concello de volver a ofrecer aos cidadáns a oportunidade de disfrutar novamente deste espectáculo, pero dándolle un tratamento exclusivo e especial.
Descargar todas as imaxes