O IFEVI acollerá o XVI Salón do Automóbil do 28 de abril ao 6 de maio
O XVI Salón do Automóbil reunirá no IFEVI do 28 de abril ao 6 de maio un total de 69 marcas expositoras de automóbiles, motocicletas, vehículos industriais e industria auxiliar, nun espazo de 40.000 m2 cun claro carácter comercial.
Seguindo fiel á traxectoria desenvolvida ao longo de todas as súas edicións, os expositores presentes no XVI Salón do Automóbil ofrecerán ao público interesado en adquirir un vehículo a posibilidade de probalo e de acceder a ofertas especiais que deseñan os propios concesionarios para este monográfico.
Así mesmo, a presenza de Caixanova permitirá xestionar vantaxosas financiacións, xa que esta entidade porá a disposición dos visitantes unha oferta específica que inclúe un crédito amortizable. A oferta comercial complétase con aseguradoras, compañías de garantía e organizacións de asistencia en estrada que exporán os seus produtos a posibles compradores.
Do 28 de abril ao 6 de maio, os visitantes do Salón do Automóbil terán a posibilidade de acceder a valiosa inormación sobre modelos automobilísticos recentemente incorporados ao mercado español ou que o farán en breve. Trinta e tres firmas, entre as que están Renault, Peugeot, Citroën, Volvo, Mercedes, Opel, BMW e Porsche, acudirán este ano á cita.
Entre as novidades do sector automobilístico cabe destacar a presenza en Vigo do novo Ford Mondeo, o Peugeot 207 CC, a Clase C de Mercedes, o Skoda Fabia, o Opel Antara, o Jeep Compass, o novo Mini Cooper Diesel, o Dodge Nitro e o BMW Serie 3 Coupe Cabrio.
A organización do monográfico espera que a admiración do público se concentre arredor de tres xoias automobilísticas. Así, a marca Mercedes mostrará o seu SLR McLaren, un deportivo bipraza de altas prestacións e deseño espectacular. Tamén estará en Vigo a última proposta de Ferrari no mercado, o 599 GTB Fiorano, que se presenta como un prodixio de tecnoloxía e deseño que alcanza os 330 kilómetros por hora e acelera de 0 a 100 en 3,7 segundos. O trío de ases complétase co Porsche 997 GT3 RS, unha proposta coa que a marca alemá confirma a súa paixón pola tecnoloxía combinada coa deportividade.
As previsións da organización apuntan a que esta edición do Salón do Automóbil de Vigo xere un volume de negocio de 55 millóns de euros e reciba a visita dunhas 200.000 persoas procedentes de toda Galicia, o Norte de Portugal e as comunidades autónomas limítrofes.
Actividades paralelas
O Motorshow, que se celebrará os días 28 e 29 de abril, e o concurso de Car-Audio, que terá lugar o 5 e o 6 de maio, serán as actividades que concentren o maior número de afeccionados ao mundo do motor.
O Motorshow disporá dun circuíto de velocidade deseñado para esta ocasión, que garantirá a espectacularidade das distintas probas programadas. A actividade será permanente no pavillón 3 do recinto feiral e terá como proba estrela a competición entre pilotos galegos e portugueses para conseguir o Trofeo Caixanova.
O concurso Car-Audio celebra a súa sexta edición no marco do Salón do Automóbil. Os participantes optarán a unha vintena de premios, entre os que se repartirán 6.500 euros.
Automóbil do Ano en Galicia
O criterio popular determinará máis un ano que vehículo dos presentes no certame será o merecedor do galardón "Automóbil do Ano en Galicia". Todos os visitantes do Salón poderán exercer de electores deste premio depositando o seu voto nas urnas que o monográfico terá preparadas ao efecto. O voto do público determinará os vehículos que recibirán as súas distincións nas categorías de "Automóbil do Ano en Galicia", "Deportivo do Ano", "Todoterreo do Ano" e "Multiusos do Ano".
Horarios
- Sábado 28: de 10.00 a 24.00 horas (ininterrompido)
- Domingos, festivo e sábado 5: de 10.00 a 21.00 horas (initerrompido)
- Laborables: de 16.00 a 21.00 horas.
Prezos en taquilla
- Sábado 28 e domingo 29: 8 euros
- Martes 1, sábado 5 e domingo 6: 6 euros
- 30 abril e 2, 3 e 4 maio (laborables): 5 euros.
Descargar todas as imaxes