Escoitar

O Concello asina un convenio de colaboración coa Asociación de Xordos de Vigo para a contratación do servicio de intérpretes

Cun orzamento de 7.662 euros, o obxectivo deste convenio é o de ofertar aos discapacitados auditivos de Vigo a posibilidade de contar cun profesional intérprete de lingua de signos capacitado para cubrir os diferentes servicios demandados.

luns, 9 ago 2004
1092047449sordos.jpg
O concelleiro-delegado da área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Asociación de Xordos de Vigo, Miguel Ángel González, asinaron, por sexto ano consecutivo, un novo convenio de colaboración co fin de continuar co servicio de intérpretes de lingua de signos.

A finalidade deste convenio é a de ofertar a tódolos discapacitados auditivos do municipio de Vigo, a posibilidade de contar cun profesional intérprete de lingua de signos capacitado para cubrir todos aqueles servicios necesarios como reunións, despachos profesionais, comparecencias en tribunais, consultas médicas, conferencias ou cursos.

Polo presente convenio, vixente ata finais de ano, o Concello aporta un total de 7.662 euros baixo o principio da igualdade e non discriminación deste colectivo.

O servicio pode ser solicitado por calqueira persoa, xorda ou ointe, ou polas entidades públicas que necesiten manter unha comunicación con persoas xordas.

O servicio será de balde e desenvolverase segundo o sistema de chamada previa, é dicir, aquelas persoas que así o necesiten, deberán chamar á Asociación de Xordos comunicando os seus datos persoais, data, lugar e materia para a que se require o servicio.

Cabe destacar que o Concello de Vigo foi o primeiro municipio galego en asinar un convenio deste tipo, con Corina Porro como concelleira de Asuntos Sociais, o que supuso unha actuación totalmente innovadora.

Ademáis, no último convenio asinado entre o Concello e a Asociación de Xordos, atendéronse máis de 3.000 servicios, cunha media mensual de 130. O servicio máis demandado foi o das chamadas telefónicas seguido das consultas médicas.
Descargar todas as imaxes