mércores, 11 ago 2004
Baixo o nome "Bibliocampamento 2004", a Biblioteca Central, situada no Casco Vello da cidade, organiza unha serie de actividades gratuítas de verán destinadas a nenos e nenas de 4 a 9 anos. O programa inclúe contos, xogos e manualidades.
mércores, 11 ago 2004
O cantante arxentino, Diego Torres, autor de éxitos internacionais como "Color esperanza", "Sueños" e "Cantar hasta morir", desplegará por primeira vez en Vigo o seu espectáculo en directo. O concerto terá lugar hoxe ás 22.00 horas no auditorio de Castrelos, se o tempo non o impide.
mércores, 11 ago 2004
O espectáculo correrá a cargo da compañía madrileña "Hilando Títeres", ás 20.00 horas no Auditorio Municipal.
mércores, 11 ago 2004
O documental, dirixido por Nicolás Philibert, presentarase o mércores ás 23.00 horas na praza do Rei. Un film en versión orixinal en francés, subtitulado en castelán. A entrada será libre. De persistir as actuais condicións meteorológicas trasladaríase a proxección ao venres 13, ás 23.00 horas.