O sastrecillo que se volveu títere na terceira xornada do Festival de Monicreques "Titirirúa"
O espectáculo correrá a cargo da compañía madrileña "Hilando Títeres", ás 20.00 horas no Auditorio Municipal.
![1092209627sastrecillo.jpg 1092209627sastrecillo.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1092209627sastrecillo.jpg)
"Hilando Títeres" é unha compañía madrileña especializada en traballos para nen@s, que utiliza distintas técnicas de manipulación como as marionetas de fío, lubas e efectos de luz negra.
"El sastrecillo valiente" relata as aventuras e desventuras dun neno hábil e valente. A través das súas andainas despertarán a forza e os desexos dos máis cativos por vencer os obstáculos que se interpoñen a cada paso do seu camiño.
A montaxe conta a historia dun xoven xastre, canso do seu oficio e da súa rutina diaria, que ve como un feito fortuíto pode cambiarlle a vida. A partires dese momento, usando a súa astucia e intelixencia, acada que todos o consideren un ser de excepcional valentía.
Descargar todas as imaxes