"Balseros", a historia real duns náufragos entre dous mundos no Ciclo de Cine ao Aire Libre
O documental español, dirixido por Carlos Bosch e Joseph María Doménech, proxectarase na praza do Rei ás 23.00 horas. Se o tempo non acompaña trasladarase o ciclo ao Auditorio Municipal.
No verán de 1994 un equipo de reporteiros de Televisió de Catalunya filmou e entrevistou a sete cubanos e as súas familias durante os días nos que preparaban a arriscada aventura de lanzarse ao mar para alcanzar a costa dos Estados Unidos fuxindo das dificultades económicas que asolaban o seu país.
Algún tempo despóis, no campamento de refuxiados da base norteamericana de Guantánamo, os reporteiros puideron localizar aos que foran rescatados en alta mar. As súas familias permañecían en Cuba sen noticias deles, salvo no caso dunha muller que tamén naufragara coa súa balsa e se vira obrigada a volver a territorio cubano.
Sete anos despois de que se lanzaran ás augas do Golfo de Florida na busca dun soño, o equipo de "Balseros" reencóntrase con aqueles personaxes para descubrir cal foi o seu destino.
Esta película retrata con detalle e sensibilidade a súa evolución, a súa vida nos Estados Unidos, ou a súa permanencia en Cuba. A súa é a historia dalgúns dos verdadeiros superviventes do noso tempo, a aventura humana duns náufragos entre dous mundos.
Descargar todas as imaxes