Escoitar

O Ciclo de Cine ao Aire Libre presenta o film hispano-cubano "Suite Habana"

O documental, dirixido polo cubano Fernando Pérez, proxectarase na praza do Rei ás 23.00 horas con entrada libre.

luns, 9 ago 2004
1092037957suitehabana.jpg
Amanece en La Habana. A cidade esperta e escomenza un día e o film. ¿Por qué un día en La Habana? Porque La Habana, hoxe, é un punto de referencia para moitos; un misterio para outros e un soño cheo de contradiccións e contrastes para os que a aman ou a critican. Pero La Habana non é só un espacio, unha sonoridade, unha luz. A Habana é a súa xente e por ende "Suite Habana" é un día simple na vida de dez cidadáns comúns.

Non hai entrevistas, nin diálogos, nin narración: só imáxes, sons e música para expresar cinematográficamente o día a día dunha realidade peculiar e única. Cada un dos personaxes representa a curiosa diversidade dos grupos sociais que se moven na cidade. Porque non hai uhna soa Habana: hai moitas Habanas invisibles e distintas para vivir.

O cubano Fernando Pérez (1944) exerceu como documentalista en máis dunha ducia de títulos e dirixiu longametraxes coma Clandestinos (1988), Hello Hemingway (1990), Madagascar (1994), La vida es silbar (1998) e a serie Y si fuera cierto para a televisión chilena. Está protagonizada por actores non profesionais e inaugurou o Festival de Cine de San Sebastián 2003. Ademáis gañou o Festival de Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana 2003. Acadou dúas candidaturas aos premios Goya 2003, as correspondentes á millor película extranxeira de fala hispana e película documental.
Descargar todas as imaxes