O mapa "Vigo cidade literaria" recolle os escenarios de preto de 300 obras de escritoras e escritores vigueses
O alcalde presentou este martes na Biblioteca Neiras Vilas, no escenario do “Día das Bibliotecas”, a versión actualizada do “Mapa literario. Vigo cidade literaria” que recolle os escenarios onde se desenvolve a acción das obras creadas polos escritores da cidade. Será presentada no XII Congreso de Bibliotecas Públicas que se celebrará en Granada do 5 ao 7 de novembro.
Abel Caballero explicou que os lugares nos que se desenvolven os argumentos das preto de 300 obras que forman parte do mapa literario de Vigo “van describindo as formas de entender o espazo dos personaxes das novelas”.
O alcalde destacou o traballo realizado desde a Biblioteca Neira Vilas para “que viaxemos na imaxinación a través do mapa literario e vendo a forma en que esta cidade se foi plasmando en cada unha das preto de 300 novelas”. Caballero felicitou aos responsables da biblioteca por “ser capaces de facer un proceso de innovación e avance permanente” .
O mapa, ademais de fomentar os itinerarios literarios, facilita o acceso á información sobre o autor, as súas obras, a editorial e as localizacións de cada unha das obras que se completan con imagenes dos enclaves e unha ligazón con Google Maps. Ademais, o plano tamén facilitan información sobre todas as obras ambientadas nos distintos enclaves da cidade.
Obxetivos
O Mapa Literario de Vigo é un proxecto que naceu non ano 2018 desde a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo, co apoio dous autores e autoras e do sector editorial, co obxectivo de poñer en valor a importancia da cidade dentro da literatura, como actividade de animación á lectura, de investigación e de memoria colectiva.