Escoitar

O Concello promove a rehabilitación de 400 vivendas con fondos europeos

O alcalde anunciou hoxe que o Concello avanza nas axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas de 12 barrios, enmarcadas no programa “Espazo Residencial de Rehabilitación”. Xa se beneficiaron 246 vivendas -cunha subvención media de 12.000 euros – e a vocación municipal é alcanzar as 400 vivendas rehabilitadas.

martes, 28 out 2025

O Concello continúa desenvolvendo o Programa de Axuda ás actuacións en 12 ámbitos da cidade, con 5,9 millóns de fondos europeos para particulares. Trátase de achegas para a rehabilitación de vivendas e mellora de eficiencia enerxética das que xa se beneficiaron 246 vivendas cunha subvención media de 12.000 euros cada unha. O Goberno de España financia sobre o 45% do total das obras e xa se comprometeron 2.958.650 euros.

Respecto da distribución por zonas, no Casco Vello rehabilitáronse 25 vivendas cun investimento de 2.464.153 euros; en Coia, 70 vivendas cun investimento de 2.537.873 euros; en Santa Clara, 12 vivendas cun investimento de 193.766 euros; A Salgueira, 2 vivendas cun investimento de 48.118 euros; e, finalmente, Escolas públicas-Canicouva-Alcalde Lavadores, 7 vivendas e 122.869 euros.

Dado que se consumiron todos os recursos para Coia, incluída unha addenda de 1,5 millóns realizada este mesmo ano, Caballero anunciou unha nova solicitude para un reaxuste interno das subvencións entre as distintas zonas. O obxectivo do goberno local é atender a todos os proxectos que se presenten o que permitiría chegar a unha execución de fondos superior ao 90%, mellorando o estado de 400 vivendas.

Son doce as áreas de Vigo que poden acollerse a estas achegas financiadas co Fondo de Transformación e Resilencia: Coia, San Roque, Casco Vello, Bouzas, Casas Santa Clara, Beiramar, San Pablo, A Salgueira, O Gorxal, discontinua de Alcalde Lavadores-Canicouva- Escolas Públicas).

Descargar todas as imaxes