Escoitar

Esta tarde culminará a montaxe da árbore de Nadal de Vigo coa instalación da estrela xigante

Abel Caballero afirmou que “haberá Nadal en Vigo para sempre, para o goce de Vigo e para o goce de todo este planeta”.

martes, 28 out 2025

O rexedor avanzou que a última hora deste martes vaise instalar a "estrela xigante que coroa a árbore de Nadal” explicando que “este ano a árbore vai ter máis de 45 metros de alto e a estrela ten 13 metros de diámetro e pesa 20 toneladas”. A propia estrela, conta cunha parte que “encaixa na propia árbore, pero outra parte levántaa e sobresae arredor de 10 metros”.

Tamén explicou Caballero que a decoración na praza vai medrar coa instalación de 11 árbores decorativas “desas brillantes coas follas douradas”, sinalando que “engadimos dúas cara a parte de Policarpo Sanz e Príncipe e imos poñer unha árbore adicional na zona de Elduayen”. O alcalde resaltou que “o Nadal é moi importante e o Nadal de Vigo é un feito destacado en todo o mundo” polo que “haberá Nadal en Vigo para sempre, para o goce de Vigo e para o goce de todo este planeta”.

Descargar todas as imaxes