Caballero participou en Cádiz na apertura da XXV Asamblea Xeral de Municipios e Rexións de Europa
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) acudiu este mércores á reunión da Xunta de Goberno da entidade celebrada en Cádiz e participou na apertura da XXV Asamblea europea, coa presenza das súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi partícipe este mércores en Cádiz desta dobre cita española e europea, onde xogou un papel destacado neste cumio do movemento municipalista.
A apertura desta Asamblea Xeral de Municipios e Rexións de Europa, que contou coa presenza das SS.AA.RR. Os Príncipes de Asturias, reuníu aos máximos responsables das cidades españolas, os alcaldes de Santander e de Vigo, ademais da alcaldesa anfitriona e o Presidente do Consello de Municipios e Rexións de Europa, o alcalde de Stuttgart, Woflgang Schuster, entre outras autoridades.
O programa da reunión iniciada hoxe, que pecharase o próximo venres, debate sobre á descentralización, a democracia e o desenvolvemento, baixo o título de "Innovando en 3D". As distintas intervencións xirarán principalmente en torno ás estratexias para sair da crise, o estado da descentralización no mundo, a modernización dos servizos públicos, o diálogo interxeracional, o desenvolvemento sostible, a igualdade de xénero e a integración dos inmigrantes.
Descargar todas as imaxes