Escoitar

Chus Lago presentou as actividades para outono en materia de Igualdade e Medioambiente

A concelleira de Igualdade e Medioambiente presentou este mércores as actividades programadas para outono, desde setembro ata decembro. Entre o máis destacado atópase unha saída do Camiño a Camiño pola Serra dos Ancares ou charlas, xornadas, videoforums e faladoiros de libros en clave de xénero.

mércores, 26 set 2012
1348672202chus.JPG
En materia de Igualdade, Chus Lago informou das accións previstas para os próximos tres meses, que celebraranse na Casa das Mulleres (en Romil, 20) e no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (na Biblioteca Pública Central, en Joaquín Yañez 6).

A Casa das Mulleres acollerá o Club da Risa, para promover a saúde física, mental e emocional, xornadas formativas sobre a saúde en perspectiva de xénero, unha campaña municipal polo uso non sexista dos xogos e dos xoguetes e tres obradoiros: de comunicación en clave de xénero, de igualdade de oportunidades e de relacións interpersoais e resolución de conflictos.

No Centro de Documentación haberá presentación de libros, cafés literarios, faladoiros de libros, videoforums e un ciclo de charlas sobre a representación feminina en diferentes creacións literarias. A inscripción pódese facer vía telefónica á Concellería de Igualdade ou nos propios centros. A información estará dispoñible na páxina web municipal (www.vigo.org)

Camiño a Camiño
Chus Lago tamén informou da edición de outono do programa de educación ambiental Camiño a Camiño, que incorpora como novidade unha saída de fin de semana á serra dos Ancares, como comezo dunha serie de percorridos polas grandes serras galegas.

As habituais rutas por Vigo e pola súa bisbarra seguirán celebrándose, dando continuidade ás etapas da ruta das Greas xa completadas anteriormente. A concelleira apuntou que este ano reforzarase a participación dos voluntarios e a información ambiental dada nos percorridos. Como ben sendo habitual, as inscripcións poden facerse no teléfono gratuito 010 e a información estará na web municipal.
Descargar todas as imaxes