Policía Local e Bombeiros controlaron a fuga de gas de Enrique Lorenzo que non precisou evacuación veciñal
Efectivos da Policía Local e Bombeiros controlaron na mañá de hoxe xoves a fuga de gas detectada á altura do número 7 da rúa Enrique Lorenzo. Segundo relatou o rexedor, a orixe foi unha das máquinas que traballan nas obras de humanización que golpeou unha conducción de gas que non estaba sinalizada. Destacou a inmediata activación do protocolo de emerxencia e avanzou que estes traballos de humanización evitarán este tipo de accidentes posto que permitirán sinalar as conduccións, correxindo malas prácticas anteriores.