Escoitar

O Concello promociona Vigo en 500 marquesinas no centro de París e de Londres

A Concellería de Turismo está a desenvolver unha campaña de promoción da cidade nas capitais europeas de París e Londres. Así o explicou hoxe mércores Abel Caballero quen apuntou que serán máis de 500 mupies e marquesinas as que facilitarán información de Vigo en Londres, coincidindo cos Xogos Olímpicos. No caso de París, a promoción desenvolveuse neste pasado mes de xullo.

mércores, 1 ago 2012
1343821664turismo.jpg
Abel Cabellero avanzou hoxe mércores a campaña de promoción da cidade que se está a levar a cabo en París e Londres. A Concellería de Turismo, en colaboración coa empresa adxudicataria do mobiliario urbano, está a desenvolver unha iniciativa turística que encheu de mupuis e marquesinas de Vigo o centro da capital de Francia durante o mes de xullo. No caso de Londres, a iniciativa comezará o día 8 de agosto, coindindo, por tanto, coa celebración dos Xogos Olímpicos. En total, resumiu o rexedor, serán 500 soportes publicitarios os que promocionen Vigo nestas cidades, "unha proba máis de como funcionamos sen apoio doutras administracións", apostilou. Esta campaña supón custo cero para as arcas municipais posto que forma parte do contrato coa empresa adxudicataria do mobiliario urbano, aínda que se é a Concellería a que decide os contidos da mesma, explicou Caballero.

Por outra banda, durante a súa comparecencia cos medios de comunicación, o alcalde avanzou que solicitará a Aena e Aviación Civil explicacións sobre a non operatividade do ILS categoría 323 no aeroporto de Vigo. En sendas cartas solicitará que reparen, calibren e poñan en marcha canto antes o sistema antinéboas de Peinador posto que o verán é o momento do ano con maiores néboas na cidade. Caballero indicou que o fallo deste sistema de seguridade xa causou serias dificultades a uns 5.000 viaxeiros.
Descargar todas as imaxes