Escoitar

Concello e CSIC colaboran nunha campaña de concienciación coas enerxías renovables

Abel Caballero destacou hoxe martes o compromiso de Vigo coas enerxías renovables, enumerando, entre outras medidas, a instalación de leds ou baixo consumo o os molinos de vento para xerar enerxía en moitas humanizacións. Así o explicou na rolda de presentación dunha campaña do CSIC, en colaboración co Concello, baixo o lema A enerxía nos move. Investigamos para obter recursos enerxéticos limpos, eficientes e accesibles.

martes, 31 xul 2012
1343735138csic.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes a campaña que promove o Consejo Superior de Investigacións Científicas baixo o lema A enerxía nos move. Investigamos para obter recursos enerxéticos limpos, eficientes e accesibles. Durante a rolda de prensa, na que estivo acompañado por Luisa Martínez Lorenzo, responsable de Cultura Científica do CSIC en Galicia, o rexedor destacou a "implicación" do Concello nos proxectos de enerxías sostibles e obtención de enerxías renovables en todos os circuítos nos que é posible.

Concretamente, referiuse a instalación de leds e baixo consumo, a instalación de molinos de vento parar xerar enerxía en moitas humanizacións das que estamos a realizar, a renovación da flota de vehículos municipais por vehículos eléctricos, a instalación de paneis solares fotovoltaicos en distintos edificios municipais como as dependencias de Santa Cristina, ademais de avanzar o estudo do aproveitamento das conducións de auga para montar turbinas subterráneas que aproveiten o desnivel do terreo. Caballero lembrou que foi durante catro anos presidente da Rede de Cidades contra o cambio climático, na que se agrupaban 320 concellos e 32 millóns de persoas, e avanzou a continuidade do compromiso de Vigo con medio ambiente.

A campaña, que se extendenderá desde o 6 ata o 27 de agosto, exhibirá 30 carteis en marquesinas de autobuses, soportes publicitarios e demais mobiliario urbano a pé de rúa en distintas zonas da cidade como Gran Vía, Urzáiz ou Castrelos, entre outras. Segundo explicou Luisa Martínez Lorenzo, esta promoción se está a realizar en diferentes cidades de España co obxectivo de chamar a atención da cidadanía sobre aspectos enerxéticos, nun ano, explicou, proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos.
Descargar todas as imaxes