O surf espacial de Camarada Nimoy e o rockabilly de Inculpados na última noite de Son de Vigo na Constitución o xoves 2
Os concertos da Praza da Constitución dentro do festival Son de Vigo pechan o xoves 2 de agosto con dúas novas propostas de música facturada na nosa cidade. Por unha banda, o seing espacial de Camarada Nimoy, un combinado de surf e ciencia ficción. Por outra, Inculpados, unha banda de estética rockabilly cuxos temas orixinais son interpretados ao estilo do rock and roll clásico. Os concertos comezan ás 22.30h.
Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek. Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman? Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles. O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin. Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.
Na última noite de Son de Vigo na Constitución participa ademais o grupo Inculpados. Tras andar embarcados en diferentes proxectos, en 2011 Mat Díaz, voz e baixo, José Cabañas, guitarras, Jorge Rogero, saxo e clarinete, e Nathan Barnacle, batería, deciden xuntarse para facer o seu particular "swing & roll" como Inculpados. A súa sonoridade busca o clásico, con gustos polo rhytm&blues, country e swing. A esta identidade tamén contribúe a súa querenza polas guitarras de caixa, saxos e micros con anos de historia e amplis a válvulas. O seu estilo retro xa foi presentado en diferentes clubs e festivais tanto en Galicia como fóra.
Programa Son de Vigo 2012:
Praza da Constitución
Luns 30 de xullo. 22.30h. Aries + The Blows
Martes 31 de xullo. 22.30h. Mónica de Nut + The Soul Jacket
Mércores 1 de agosto. 22.30h. Kaixo Sama VS Elecesar + Bflecha
Xoves 2 de agosto. 22.30h. Camarada Nimoy + Inculpados
Auditorio do Parque de Castrelos
Venres 3 de agosto. 23h. Os Resentidos + Siniestro Total
Entradas: 2 €
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)