Vigo, con 35 días de media, é o concello de España que antes paga aos seus proveedores
O alcalde de Vigo informou este mércores que o periodo medio de pago aos proveedores do Concello no primeiro semestre de 2012 foi de 35 días -polos 87 das administracións galegas-, sendo Vigo "o concello de España que paga en prazo máis breve aos seus proveedores", asegurou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou que o Goberno de España plantexa para o próximo ano reducir o prazo máximo de pago a proveedores a 30 días e apuntou que "Vigo sería seguramente a única administración de España capaz de facelo", pois actualmente os municipios españois non están a cumprir co tempo estipulado.
Tamén en termos económicos, Abel Caballero apuntou que o Concello de Vigo é o menos endebedado de España, o de maior liquidez en termos de poboación e orzamento e non precisou acudir ao sistema de pago a proveedores disposto polo goberno central. O alcalde explicou que estas cifras son un "mérito colectivo" de todos cantos traballan no Concello.
Descargar todas as imaxes