Escoitar

O Festival Folclórico Internacional de Vigo arranca con grupos de Senegal, Moscova e Costa Rica

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este xoves o Festival Folclórico Internacional do Concello de Vigo chega á súa décimo oitava edición, dentro do programa Vigo en Festas 2012, coa participación dos grupos KÄMUK de Costa Rica, SUVENIR de Moscú, KASSUOMAYE DALIFORT de Senegal e COROS Y DANZAS DE FÁTIMA-Murcia; o festival desenvolverase do 3 ao 8 de agosto e terá o seu acto central no auditorio "Mar de Vigo", o sábado 4 ás 21,30h, con entrada libre ata completar aforo.

xoves, 2 ago 2012
1343911874isaurafolk.jpg
Ademais percorrerá cinco barrios (Beade, Oia, Comesaña, Valadares e Matamá), e contará con animacións de rúa, destacando especialmente a exhibición do grupo dos "Castellers de Terrasa" o sábado 4 na Porta do Sol (19,00h) e diante do "Mar de Vigo" (21,00h).

O festival está organizado pola Asociación Cultural Interfolc e a Concellería de Cultura e Festas

GRUPOS PARTICIPANTES

KÄMUK – Costa Rica
O Grupo de Proxección Folclórica Kämuk foi fundado no ano 1994, como unha inquedanza de varias persoas do medio folclórico costarriqueño, tendo como obxectivo primordial o rescate e divulgación dos máis arraigados valores e expresións do noso pobo.
O nome Kämuk ten a súa procedencia nos Indíxenas Bri Bri-Cabecar, os cales deron este nome a un dos outeiros máis fermosos do seu país, ubicado na Cordilleira de Talamanca, o cal posúe una altura de 3.549 metros de beleza natural e tradicións indíxenas.
Son unha agrupación sen fins de lucro que está conformada por máis de setenta integrantes divididos entre as diferentes seccións artísticas

CASTELLERS DE TERRASA – Catalunya
Foi ó redor de douscentos anos que se constrúen castelos humanos en Cataluña, pero non é a súa ambigüidade aquilo que dá valor a esta expresión da cultura popular, senón a súa vixencia como manifestación viva da idiosincrasia dun pobo que outorga aos castells todo o seu atractivo.
A solidariedade e a integración dun colectivo moi heteroxéneo de persoas contorna a un obxectivo común a medio camiño entre a festa, o baile e o deporte, dan ás collas casteleiras unhas características únicas dentro do mundo asociativo e cultural de Cataluña; en ningún outro ámbito podemos atopar xente de calquera condición social, ideoloxía, idade, xénero, características físicas ou procedencia unida na participación nunha festa popular.

SUVENIR – Moscova
O conxunto de danza popular Suvenir, funciona no Palacio de cultura Gimik (Químico) dende o ano 1975. Ao longo dos anos transcorridos, acumulou unha rica experiencia e actualmente ten no seu repertorio variadas danzas populares dos pobos de Rusia, distintas composicións coreográficas, danzas rituais, etc.
Suvenir é participante constante de moitos festivais e festas de arte folclórico celebrados a distinto nivel tanto dentro do país como no estranxeiro. Máis dunha vez estivo en Finlandia, Turquía, Italia, Bulgaria, Portugal ou Francia, entre outros, ademais de actuar a miúdo no principal escenario do seu país. Están tamén afeitos a recibir premios e recoñecementos alá por onde van.
A estabilidade na composición do colectivo principal do conxunto, a súa aspiración ao perfeccionamento e unha boa base cultural e material infunden fe no exitoso futuro do grupo. A partir do ano 1981 ata o presente, Suvenir está baixo a dirección da Personalidade emérita de cultura da rexión de Moscova, María Tisheckaya.

BALLET KASSUOMAYE DALIFORT – Senegal
Kassuomaye é un ballet composto por mozos sen distincións de raza, relixión, nin diferenzas políticas. Foi fundado no mes de Marzo de 1987 en Dalifort. O seu nome, elixido polos propios membros do grupo, sinala a paz e a solidariedade que debe existir entre os artistas; de aí, que se elixise Kassuonaye, que significa Paz en linguaxe Diola (habitantes dunha rexión do sur de Senegal).
A vocación do ballet Kassuomaye é a de informar, sensibilizar e formar aos nosos mozos sobre a arte para que a transmitan aos seus pobos. Son formados tanto en danza como en percusión, caracterizándose o Djembé e o Soumba.

COROS Y DANZAS VIRGEN DE FÁTIMA – Murcia
Creouse en Las Torres de Cotillas (Murcia) no 1992, reunindo a uns cantos mozos que xunto ás profesoras Santi e Merche Serrano Toledo, e baixo a tutela dos dirixentes da recentemente creada Peña Rincón Pulpitero, decidiron formar un grupo folclórico murciano, coa intención de fomentar e rescatar o rico folclore da Rexión de Murcia.
En marzo deste mesmo ano, estréase por primeira vez o corpo de baile e, meses máis tarde, a Rondalla.; iniciando así un ascenso en canto se refire á calidade como á participación en festivais folclóricos. Pronto se consagraría como un grupo sólido en toda a provincia.
Son innumerables as actuacións realizadas dentro e fora da rexión, tanto a nivel nacional, onde actuou en practicamente toda a súa xeografía, como no estranxeiro. O vestiario é variado, desde o traxe típico de labor, o de luxo, o de pastor, segador, ata o de hortelán Torreño, traxe típico dos horteláns do seu municipio.
Descargar todas as imaxes

Máis información