Xabier Alonso felicita ao cadetes do Gestibérica nunha recepción no Concello tras gañar o Campionato Galego
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso expresou os seus parabéns ao equipo de cadetes do Gestibérica, que veñen de proclamarse campións galegos na súa categoría. No trancurso dunha recepción na Concellería de Deportes, o edil animounos a seguir traballando para potenciar o deporte vigués e agasallou ao equipo co libro "Vigo nas ondas".
"Estou moi contento de que conseguírades este éxito deportivo para a cidade", salientou Xabier Alonso, quen destacou asemade a importancia de que os equipos de base acaden éxitos. "En nome da Concellería de Deportes e do Concello de Vigo deséxovos os mellores dos éxitos na seguinte categoría, porque do mesmo xeito que estades a vivir unha bonita experiencia agora, tamén o será cando representedes a Vigo no Campionato de España", afirmou.
Xabier Alonso agradeceu ao equipo e á directiva do Gestibérica ao seu traballo a prol do deporte de base e lembrou a importancia do esforzo e do traballo cotiá "facendo caso aos adestradores". Finalmente, agradeceulles a visita á Concellería de Deportes "nun momento tan especial". Pola súa banda, por parte da directiva expresaron o seu recoñecemento ao apoio do edil nacionalista "dende o primeiro momento da creación do clube".
Descargar todas as imaxes