O alcalde insta á Xunta a ampliar antes do próximo curso os comedores de 9 colexios de Vigo
Abel Caballero remitirá hoxe mércores unha carta á Consellería de Educación para que acometa a ampliación do comedor de nove centros escolares vigueses, "saturados" na actualidade e en previsión do aumento da demanda pola crise, que o alcalde estimou en 200 rapaces máis. Todas as solicitudes atenderanse, e o Concello ampliará en 200.000 euros a partida orzamentaria para cubrilas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitirá hoxe mércores á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha carta na que solicita ao organismo autonómico a ampliación dos comedores de nove colexios da cidade antes do inicio do vindeiro curso escolar no mes de setembro.
Así o afirmou tras a súa reunión coa Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos e Alumnas de Vigo (FOANPA), na que abordouse a devandita ampliación do Pombal, o Eijo Garay, A Doblada, Igrexa Candeán, Otero Pedraio, Monte da Guía, Pintor Laxeiro, Teis-Frián e Escultor Acuña; xa que "están saturados", segundo explicou Abel Caballero. O rexedor estimou que o custo das reformas oscilaría entre os 500.000 e o millón de euros.
Por mor da crise económica, o alcalde estimou que uns 200 rapaces máis dos 1.200 actuais poderían solicitar as bolsas de comedor o próximo ano, para o que incrementarase entre 150.000 e 200.000 euros o orzamento ao efecto.
O alcalde garantiu que atenderanse todas as solicitudes de becas para comedor na cidade pois en Vigo "non se pode negar ningunha praza a ningún neno ou nena nos comedores dos colexios públicos", indicou Abel Caballero, sobre todo en época de crise económica.
Reforma integral
O alcalde e a FOANPA trataron asemade da reforma integral da "maior parte" dos colexios de Vigo. Abel Caballero indicou que plantexará esta actuación na reunión que manten pendente co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pois é "un dos temas importantes da cidade".
O rexedor municipal adiantou ao respecto que vai ofrecer á administración autonómica un convenio no que o Concello e a Xunta de Galicia acometan as melloras de forma conxunta.
Descargar todas as imaxes