Abel Caballero e Isaura Abelairas inauguraron a humanización da Travesía do Pino
O alcalde e a concelleira de Vías e Obras inauguraron este mércores a humanización da Travesía do Pino, con preto de 300.000 euros de investimento. A mellora, rematada en 3 meses, contempla o cambio do pavimento e as beirarrúas de granito, máis árbores, novos puntos de luz e renovación da rede de saneamento e abastecemento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, acudiron hoxe mércores á recén humanizada rúa Travesía do Pino, unha mellora que se alongou 3 meses e na que se investiu preto de 300.000 euros.
A mellora supón unha calzada de 3,25 metros de ancho e banda de aparcamento, beirarrúas de granito de entre dous e tres metros de ancho, coa mesma calidade das humanizacións do centro da cidade.
Abel Caballero mostrou a súa "satisfacción" polas melloras na zona, que contemplan o cambio do pavimento e das beirarrúas, máis arborado, novos puntos de luz, a renovación da rede de saneamento e abastecemento, e a eliminación das conduccións da electricidade e da telefonía.