Santi Domínguez subliña que por primeira vez se actúa para pór en valor e musealizar o xacemento de O Castro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este mércores que é "a primeira vez" que se leva a cabo unha actuación de posta en valor e musealización no xacemento arqueolóxico do Castro "para revitalizar o noso patrimonio". A actuación contará cun investimento dun millón de euros.<br />
Na presentación do proxecto, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e a arqueóloga coordinadora do proxecto, Matilde González, o tenente de alcalde sinalou que a musealización deste asentamento da época castrexa contará cun investimento dun millón de euros.
"Estamos contemplando os inicios dunha actuación de vital importancia para Vigo", subliñou Santi Domínguez, xa que "durante moitos anos a estes restos nos se lles tocou de forma que se estaba perdendo parte da riqueza arqueolóxica e patrimonial da nosa cidade". Segundo o tenente de alcalde, a revitalización deste xacemento ten por obxectivo convertilo nunha "referenza cultural non só para os vigueses e viguesas, senón tamén para os visitantes".
Santi Domínguez lembrou que o ano pasado abriuse ao público o xacemento de Toralla, tras a súa musealización. Así, unha vez que remate a actuación proxectada para O Castro, que inclúe a recuperación dos restos e a instalación de sinaléctica, "Vigo contará con dúas recreacións arqueolóxicas que permitirán que a cidade teña un circuito cultural, arqueolóxico e turístico".
A arqueóloga coordinadora do proxecto, Matilde González, explicou as principais actuacións que se levarán a cabo na posta en valor destes restos arqueolóxicos. Sinalou que en primeiro lugar o proxecto consiste na "recuperación dos restos actualmente escavados", que datan da época castrexa e que "probablemente ocupan todo o monte". Reescavaranse as estruturas existentes co obxectivo de "estudar ata que punto as casas foron feitas dunha soa vez" e de recopilar a maior parte de información posible sobre o xacemento. Posteriormente, segundo adiantou a arqueóloga, levarase a cabo a consolidación das estruturas e explicarase ao público como era a vida neste asentamento "a partir da reconstrución dunha pequena unidade familiar integrada por dúas vivendas e un galpón para dar a idea do ambiente do século I da nosa era".
"Queremos ilustrar O Castro no seu conxunto a través de carteis, unindo esta zona á parte alta do monte", salientou. Neste sentido indicou que este xacemento ocupa unha "posición marxinal respecto ao conxunto do monte", xa que a maior parte das visitas se dirixen á parte alta do mirador, polo que afirmou que "se trata de unir visualmente as dúas zonas mediante sinaléctica". "Non só temos o obxectivo de recuperar os restos históricos, senón tamén de convertilos en punto de atractivo cultural e turístico para os visitantes", salientou.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, pola súa banda, explicou que xacemento estará pechado "cun valado artístico", que aínda está en proceso de estudo e que será similar ao existente na finca de Mirambell. Asemade, destacou que contará con medidas de seguridade e videovixilancia para garantir a súa conservación.