Xunta de Goberno Local
O Concello tramita a contratación do mantemento dos contedores soterrados
luns, 1 xuñ 2009Os 120 contedores soterrados da cidade carecen dun servizo de mantemento e reparación desde a súa instalación inicial, tramitación que continua o Concello cun orzamento de 53.000 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou asemade este luns a adxudicación das 125 bolsas para escolares vigueses que estudarán inglés este verán no Reino Unido e Irlanda.
Promoción Económica recibe a autorización para o inicio da rexeneración urbana de Teis
luns, 11 mai 2009A Xunta de Goberno Local tomou hoxe luns coñecemento da subvención europea de 4 millóns de euros para a rexeneración urbana de Teis, máis un millón de aportación municipal, e autorizou á Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Santos Héctor a por en marcha as melloras no barrio. <br />
120 escolares optarán ás becas de inglés
luns, 4 mai 2009A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os pregos de contratación das becas de inmersión lingüística en inglés, con 300.000 euros de investimento, das que beneficiaranse este verán 120 escolares vigueses, 20 máis que no 2008. Tras a "experiencia favorable" do pasado ano, o alcalde indicou que Educación repite o programa para estudar o curso en inglés.
O Concello estudará unha nova localización para a Fundación Laboral da Construcción
luns, 13 abr 2009O alcalde visitou este luns os traballos de formación profesional que teñen lugar na actual sede da Fundación Laboral. A dirección da entidade solicitou a Abel Caballero 10.000 metros cadrados para poder construir a nova sede, que financiaría a Seguridade Social, para o que o Concello fará "todo o posible", segundo asegurou o rexedor.
O Concello adxudica a humanización de 7 rúas por valor de 13 millóns de euros
venres, 27 mar 2009As melloras, as últimas do Plan E do Goberno de España, se iniciarán o 13 de abril, pasada a Semana Santa, e durarán 6 meses. As humanizacións de Sanjurjo Badía, Balaídos, Portanet, estrada, Baiona, Torrecedeira e Tomás Alonso darán emprego directo a 269 traballadores. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o padrón de vehículos de 2009.