venres, 7 feb 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou a asistencia técnica á dirección de obra municipal para o control e seguimento da execución do soterramento do tráfico rodado na Porta do Sol. Ademais, segundo explicou o alcalde, tamén recibiu o visto e prace a licitación do servizos de xestión de Vigosónico.
xoves, 26 set 2019
A Xunta de Goberno Local validou este xoves o proxecto que soterrará o tráfico e fará peonil a Porta do Sol, obra que inclúe unha rampla mecánica desde Carral. A adxudicación foi gañada pola UTE Civis Global e Gevora Construccións por un montante de 13,4 millóns de euros.
martes, 18 xuñ 2019
As obras de transformación da Gran Vía, financiadas con fondos EDUSI dentro do proxecto Vigo Vertical, arrancan hoxe cun orzamento de 5,1 millóns. O rexedor precisou que os primeiros traballos pasarán por transplantar de todas as árbores a Castrelos para repoñelas cando rematen as obras.
martes, 4 xuñ 2019
Ata finais de mes, as empresas poden optar á execución dos traballos de soterramento do tráfico e humanización de Porta do Sol, segundo informou este martes Abel Caballero. Financiado con fondos FEDER da Unión Europea, este proxecto municipal presenta un orzamento de 17 millóns.
martes, 28 mai 2019
A colocación das ramplas na Gran Vía -entre María Berdiales e Venezuela – comezarán a mediados de xuño, cun orzamento de 5,1 millóns. Ademais, e tal e como avanzou o rexedor esta mañá, esta semana comezaron as sondaxes arqueolóxicas de García Barbón, no tramo que vai desde Rosalía de Castro e Isaac Peral. <br />
xoves, 17 xan 2019
O goberno local vén de retomar as obras de construción do elevador entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica, unha actuación que rematará en marzo e que está financiada con fondos europeos. Segundo explicou o rexedor, Vigo é a cidade europea con maior instalación de ascensores, ramplas mecánicas e sistemas modernos de comunicación.
xoves, 27 dec 2018
O alcalde supervisou hoxe xoves a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela.
mércores, 26 dec 2018
Cun investimento de máis de 870.000 euros, supón a renovación de pavimentos e redes de saneamento e abastecemento amais de permitir a conexión vertical de Torrecedeira e Marqués de Valterra e contar cun mural de arte urbana.
venres, 21 dec 2018
Este venres queda instalada a estrutura de aceiro de 25 metros que acollerá no seu interior o ascensor panorámico que unirá Torrecedeira con Pi y Margall, xunto ao parque Camilo José Cela, que tamén será completamente renovado. O alcalde, quen visitou os traballos de montaxe, subliñou o investimento próximo aos 3 millóns.
luns, 17 dec 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este luns das obras que están en marcha na actualidade ou que serán proxectadas dentro do presente mandato. "Nunca na historia da cidade houbo nada parecido", dixo o rexedor tras a súa visita á humanización da Avenida Atlántida.