Escoitar

O Concello proxecta un novo ascensor urbano que conectará O Berbés e o Barrio do Cura

A Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento a vindeira semana da resolución para declarar innecesario dar licencia a unha parcela de O Berbés. O Concello ten previsto construír nese punto un novo elevador urbano que conecte co Barrio do Cura dentro do seu programa Vigo Vertical.

venres, 4 set 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o Concello proxecta un novo ascensor que unirá o barrio de O Berbés co futuro Barrio do Cura dentro do programa Vigo Vertical.

O rexedor indicou que a Xerencia de Urbanismo tomará coñecemento da resolución pola que se declara innecesario conceder licencia de parcelación no número 25 da rúa San Francisco, xa que nesa parcela, e a través de un pasadizo, está prevista a construción dun elevador de acceso ata o Paseo de Alfonso e a rúa Torrecedeira.

A edificación, segundo indicou Caballero, contará cun paso público ancho, luz natural e artificial. O ascensor levará aos viandantes ata unha zona verde que prevé a urbanización do Barrio del Cura, aproximadamente á altura da estrutura que se derribou xunto á escola infantil municipal de Santa Marta, no propio Casco Vello.

Plan Xeral

Ademais, o alcalde apuntou que a Xunta de Galicia pediu ao Concello que corrixa algúns aspectos estritamente técnicos do borrador do Plan pero non pon en cuestión nin o modelo de Plan nin de crecemento. “A Xunta propón pequenos axustes de carácter técnico que nos parecen adecuados, valoro a actitude e seguiremos a colaborar. Recoñezo a boa sintonía co departamento de Medio Ambiente da Xunta”, sinalou.

Descargar todas as imaxes