mércores, 13 out 2021
O alcalde visitou este mércores o novo espazo habilitado na planta baixa do Auditorio Mar de Vigo para a exposición do Plan Xeral, equipado con copias en papel e doce ordenadores para a consulta telemática. Ademais, o goberno de Vigo remitiu planos detallados das parroquias ás entidades veciñais para facilitar o coñecemento e comprensión da nova ordenación urbanística.
luns, 11 out 2021
O documento xa está dispoñible na web do Concello e, desde o mércores, o Concello habilita unha oficina no Mar de Vigo con copia en papel e doce equipos informáticos para consultalo. Tamén desde o mércores, o goberno presidido por Abel Caballero permite pedir cita para ser atendido por un experto en urbanismo.
venres, 8 out 2021
O anuncio de aprobación inicial do PXOM sairá publicado nos xornais este luns e o mércores (xa que o martes é festivo) arrancan os tres meses de información pública. Abel Caballero informou da apertura dunha oficina no Mar de Vigo para consulta e resolución de dúbidas cos técnicos, con cita previa.
martes, 28 set 2021
Abel Caballero informou este martes da incoación do procedemento administrativo para tramitar un Plan Especial que regulará o establecemento desta dotación cultural entre a rúa Lalín e o Camiño do Chouzo. O ministro de Cultura comprometeu ante o alcalde a inclusión deste proxecto nos orzamentos estatais.
luns, 27 set 2021
O alcalde visitou hoxe á zona, que está a piques de rematar a obra da praza da Estación e Baixada a Estación.
mércores, 22 set 2021
Abel Caballero explicou que os traballos comezarán xa o venres, cun corte de tráfico para preparar unha operativa “complicada”. Esta unión, de 51 metros, forma parte da segunda fase da obra de construción da vía peonil e ciclista sobre antigo trazado ferroviario, desde o Vialia ata Teis.
martes, 21 set 2021
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes á licenza de obra nova e rehabilitación do proxecto de Marqués de Valladares 39, 41 e 43 que comprende un solar e o edificio Ribas.
luns, 20 set 2021
O Concello iniciou de forma simultánea a construción do paso soterrado desde a rúa Lepanto e desde a autoestrada, pasando por debaixo da estación de Urzáiz. Este luns, Abel Caballero e Carmela Silva presenciaron a unión de ambas partes do túnel que dará saída á AP9 desde o centro da cidade.
mércores, 15 set 2021
A concelleira de Urbanismo, María José Caride, defendeu a moción no Pleno deste mércores, que foi aprobada cos votos do goberno de Vigo e do edil non adscrito, a abstención de Marea de Vigo e a negativa do PP. A proposta recolle que o Concello abonaría 30.000 euros anuais ao Consorcio do Casco Vello polo inmobles, que se empregarían para “divulgar a riqueza cultural, patrimonial e turística da cidade”.
luns, 13 set 2021
O alcalde salientou o prestixio e o valor engadido que xera a firma téxtil e amosou a súa satisfacción polo reforzo da dinámica da Avenida de Madrid “cun entorno máis humanizado e maior capacidade de atracción."