Escoitar

O goberno municipal convoca 100 becas para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e a convocatoria das bolsas para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas para o ano 2023 que ten un orzamento de 175.000 euros.

venres, 31 mar 2023

O alcalde explicou en rolda de prensa que o Concello quere seguir “potenciando os idiomas na cidade” e, con ese obxectivo, ábrese esta nova convocatoria para o estudantado de diferentes linguas da Escola Oficial de Idiomas de Vigo que estean realizando o curso este ano 2023.

Cun presuposto de 175.000 euros, o alumnado poderá optar a 100 bolsas: 66 para o Reino Unido e Irlanda; 11 para Francia; 6 para Alemaña; 6 para Italia; 4 para Portugal; 5 para Xapón e 2 para Taiwán.

O Concello financia a realización íntegra da estadía de dúas semanas, os gastos da viaxe e o custo dun curso, desde un máximo de 1.600 euros e ata os 2.000 en función do país de destino

PAU de Navia

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización do Polígono 1 do Plan Parcial de San Paio de Navia, unha vez incorporados os informes sectoriais que quedaban pendentes. Agora é posible o inicio das obras de urbanización.

O Polígono 1 do Plan Parcial de Navia ten 99.165 metros cadrados destinados á construción de vivenda sometida a algún tipo de protección. O alcalde sinalou que na cidade hai entre 10.000 e 15.000 familias que demandan vivenda de protección.

Descargar todas as imaxes