Escoitar

O alcalde asiste á xuntanza informativa cos familiares dos solicitantes do Vigo en Inglés

As familias do estudantado solicitante están convocadas ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo para coñecer os detalles da viaxe para a inmersión lingüística en Irlanda e Reino Unido.

xoves, 30 mar 2023

Na tarde de hoxe están convocados os pais e nais da mocidade a unha xuntanza informativa para coñecer os detalles do programa Vigo en Inglés. Abel Caballero achegouse ao acto para saudar aos asistentes e escoitar as demandas e inquietudes das familias que envían aos seus fillos ao programa de inmersión lingüística en Irlanda e Reino Unido.

O alcalde lembrou que o Concello beca ao estudantado nos gastos da viaxe, un curso intensivo de inglés, actividades de ocio, culturais e deportivas, aloxamento en pensión completa con familias de acollida e os gastos de transporte no caso que fora necesario.

O Concello envía cada ano en torno a mil estudantes a Irlanda e Reino Unido para mellorar as habilidades lingüisticas en inglés.

Descargar todas as imaxes