Escoitar

O goberno municipal traslada o seu apoio ao Desafío Illas Cíes

O alcalde explicou este xoves que a proba da Travesía a Nado das Illas Cíes e o Tríatlon Desafío Illas Cíes poderán celebrarse en agosto e setembro, como estaba previsto.

xoves, 30 mar 2023
O alcalde o pasado domingo, 26 de marzo, na saída da Vig-Bai en Samil
O alcalde o pasado domingo, 26 de marzo, na saída da Vig-Bai en Samil

Abel Caballero sinalou en rolda de prensa que “non imos permitir que desaparezan” estas probas que veñen de perder este ano o seu patrocinador principal, o que dificulta que poidan celebrarse como viña sendo habitual nos últimos trece anos.

O rexedor trasladou o seu apoio e o da Deputación de Pontevedra á organización destes eventos deportivos e aos deportistas da cidade para que “conten coa súa celebración” este ano.

O 26 de Agosto terá lugar a 13ª edición da Travesía a nado das Illas Cíes (10 quilómetros a nado entre a praia de Rodas en Cíes e a praia do Vao en Vigo) e o 17 de setembro desenvolverase a 10ª edición do Tríatlon Desafío Illas Cíes.

Descargar todas as imaxes