Escoitar

Abel Caballero visita os traballos de cubrición da pista deportiva da escola infantil Vila Laura

O alcalde sinala que “é extraordinario, xa que conta con mamparas translúcidas que evitan a choiva e permiten o paso da luz”.

xoves, 30 mar 2023

O alcalde visitou esta mañá a escola infantil Vila Laura onde se realizou a cubrición do patio e a remodelación da pista deportiva. Ademais de taparse a zona deportiva, quedará cuberto o espazo de paso existente desde o edificio das aulas. Os traballos teñen un importe “próximo aos 400.000€” e permiten que “os nenos poidan gozar dos recreos os días de choiva”, sinala o alcalde.

O Concello xa adicou 3,2 millóns á cobertura de 9 patios de colexios: Pintor Laxeiro, Balaídos, García Barbón, Canicouva, Rocío, Castelao, Carballal, Frián Teis, Javier Sensat y el propio Villalaura

Descargar todas as imaxes