A reunión entre Concello, Ministerio e Xunta para abordar o problema da auga será a finais de outubro en Vigo

xoves, 27 set 2018

O alcalde avanzou esta mañá que será a finais de outubro cando o Ministerio de Transición Ecolóxica convoque a reunión tripartita en Vigo na que abordará a solución definitiva para a auga, un problema que afecta a case medio millón de persoas. Unha vez máis, o alcalde criticou a inacción da Xunta por non acometer o transvase de emerxencia que "garanta que Vigo non quede sen auga".

O Concello decántase por un segundo encoro xunto a Eiras para solucionar "o problema máis importante desta cidade"

xoves, 13 set 2018

Abel Caballero recoñeceu hoxe xoves ao Goberno de España que considere "prioritario" solucionar definitivamente o problema do abastecemento de auga en Vigo e comarca. O alcalde avoga por estudar técnicamente todas as opcións: un transvase desde o Miño, o recrecido de Eiras ou construír un segundo encoro xunto a Eiras. Este último ofrece vantaxes como unha calidade de auga "excepcional".