xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero informou de que o proxecto está ao 50% de execución. Actuacións para a mellora da eficiencia do ciclo da auga, xestión da información e novas estratexias avanzan “para que Vigo siga a ser a cidade coa mellor agua de España”.
martes, 2 dec 2025
Caballero destacou que “o servizo do 010 é completamente gratuíto dende o mes de agosto do ano pasado”
martes, 25 nov 2025
Solicitar altas ou cambios no padrón municipal non requirirá cita previa a partir do 23 de decembro. Así o explicou esta mañá o rexedor nunha intervención na que tamén deu conta da entrega de 36 novas axudas de bonotaxi.
mércores, 15 out 2025
O alcalde advertiu de que o nivel dos encoros que abastecen a cidade se sitúa “en torno ao 50% da súa capacidade”, o que obriga a “prever medidas por se non hai choivas suficientes a curto prazo” e a continuar aplicando o aforro e a responsabilidade no consumo de auga. Abel Caballero manterá mañá unha xuntanza co alcalde de Baiona para abordar o abastecemento no municipio do Val Miñor.
xoves, 14 ago 2025
O comité asesor do Plan de Emerxencia Municipal, dirixido polo alcalde, reuniuse este xoves para establecer o dispositivo de atención ante o que poida suceder cos lumes pedindo colaboración cidadá “ante calquera sospeita”.
martes, 15 xul 2025
O alcalde informou este martes do inicio dos traballos da obra para construír “unha piscina nova, máis moderna e mellor deseñada” que ten un orzamento de case 7 millóns de euros.
martes, 8 xul 2025
O servizo 010 atendeu un total de 138.602 chamadas desde maio de 2024 ao pasado mes de xuño, segundo explicou hoxe o alcalde ao lembrar que coa gratuidade da atención, desde o 20 de agosto do ano pasado, os usuarios aforran 77.000 euros.
martes, 1 abr 2025
O Concello inviste 400.000 euros ao ano no mantemento dos cemiterios municipais A empresa prestará servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos oito cemiterios municipais. Amais, a Xunta de Goberno deu luz verde ao Plan de Emerxencias de Zamáns.
venres, 7 feb 2025
O alcalde anunciou hoxe que os parques de bombeiros de Teis e Coruxo contarán con seis novos vehículos, incluído un novo furgón dotado con nove prazas para trasladar efectivos en intervencións complexas e de longa duración.
venres, 8 nov 2024
A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do contrato do servizo de mantemento das instalacións electromecánicas e de iluminación viaria pública. Vixente ata outubro de 2027, o investimento municipal ascende a preto de dez millóns de euros.