O rexedor felicita ao alumnado do obradoiro de reciclaxe de Atlántico Diario

venres, 2 xul 2021

Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do taller de reciclaxe organizado polo suplemento Xornal Escolar de Atlántico Diario no que estudantes de Primaria aprenderon a importancia da reciclaxe e da reutilización dos elementos da vida cotiá. O alcalde animounos a seguir traballando na protección do medio ambiente e felicitou ao director do xornal, Julio Rodríguez, polo desenvolvemento deste programa no que colabora FCC.

O goberno de Vigo compromete 3,34 millóns para a limpeza e desinfección dos colexios

venres, 23 abr 2021

O alcalde comunicou a decisión de prorrogar un ano o contrato de limpeza dos centros públicos de Infantil e Primaria e das escolas infantís municipais, que inclúe medio millón de euros para facer fronte ao protocolo contra o Covid. “A Xunta está recibindo inxentes recursos de Europa para pagar este gasto e o Concello recibe cero da Xunta para desinfección”, denunciou Caballero.

O Concello incrementará en máis de 600.000 euros a partida para desinfectar colexios

xoves, 10 set 2020

O goberno local aumentará en 617.000 euros o gasto en desinfección de colexios ante a negativa da Xunta de asumir esta responsabilidade. Todos os centros contarán con tres limpezas especiais diarias para o que suporá so neste ano 243.000 euros. En todo caso, o alcalde avanzou a decisión das principais cidades galegas de reclamar ao Goberno autonómico ese gasto.

O Concello pide á Xunta asumir o custo de desinfección e dialogar con Foanpas para abrir os comedores escolares

mércores, 9 set 2020

Dúas mocións presentadas polo grupo do goberno de Vigo reclaman á Xunta de Galicia que se faga cargo do custo extraordinario de desinfección nos colexios -que presta o Concello e estima en 616.000 euros- e que abra unha mesa de diálogo coa Federación de ANPAS para dotalos de recursos para poder prestar o comedor escolar, aulas matinais e actividades extraescolares.