Escoitar

O Concello mellora o servizo de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos

O sistema de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos incorpora un novo vehículo eléctrico para reforzar este servizo “porta a porta” baixo demanda previa. Ademais, incorpóranse 31 novos contedores de vidro de carga lateral para a hostalería, cos que poderán recollerse ata 3.000 litros.

martes, 25 abr 2023

O Concello incorpora melloras no servizo de recollida individualizada de aparellos eléctricos e electrónicos e adquiren novos colectores de vidro para a hostalería. Co obxectivo de seguir fomentando a recollida individualizada de aparellos eléctricos e electrónicos, sen mesturalos entre si nin con outras fraccións de residuos, refórzase este servizo coa incorporación dun novo vehículo eléctrico de 8m3 de capacidade.

Abel Caballero lembrou que este servizo, ofrecido baixo demanda previa chamando ao teléfono 900 859 660 en horario de mañá e recollida na quenda de tarde, permite realizar unha mellor clasificación das case 17 toneladas que se reciben ao mes deste tipo de residuos, favorecendo a separación e a optimización da recollida, así como a valorización.

Trátase dunha alternativa a depositalos no punto limpo fixo, situado actualmente no número 65 do polígono do Caramuxo ou nos 17 puntos limpos móbiles que percorren a cidade.

Novos contedores de vidro de carga lateral para a hostalería

Ademais, o Concello de Vigo incorpora 31 novos contedores de vidro de carga lateral destinados a hostalería cos que se poderán recoller ata 3.000 litros, mellorar a frecuencia de recollida e evitar os reboses.

Os novos colectores, que substitúen a outras 31 unidades de carga superior tipo iglú, contan con sistema VACRI (Volteo para a Asistencia de Condenadores Rodantes Individuais) que facilita o izado dos contedores de 90 ou 120 litros dos establecementos hostaleiros.

Se prevé que nos próximos meses se poidan ampliar este tipo de colectores con 10 novas unidades.

Descargar todas as imaxes