Abel Caballero: "Vigo é unha cidade de baloncesto feminino, contamos cunha dilatada experiencia para albergar esta fase de ascenso á Liga Endesa"
O rexedor participou esta mañá na presentación da "final four" polo ascenso a Liga Endesa que se disputará esta fin de semana no Pavillón de Navia, no que será protagonista o Celta Zorka Recalvi. Estivo acompañado, entre outros, por Elisa Aguilar, directora de competicións da Federación Española de Baloncesto; Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto e Carlos Álvarez, presidente do clube. Caballero aproveitou para transmitirlle a todo o plantel local o seu apoio ante a cita transcendental, "baixo o convencemento de que imos gañar esta fase, porque sodes as mellores".