O Concello recibe un premio polo labor de CEDRO na erradicación da hepatite vírica
Vigo vén de recibir o premio “Hepcelentes 2023” concedido pola Sociedade Española de Directivos da saúde e a Alianza española para a eliminación da hepatite. Trátase dun recoñecemento á actividade desenvolvida desde a entidade municipal CEDRO.
O Concello recibiu o premio “Hepcelentes 2023” polo traballo de erradicación da hepatite vírica desenvolvido por CEDRO. O galardón recoñece a esta entidade municipal como un centro de excelencia no ámbito da desaparición desta doenza e poñer en valor o programa de microrradicación da hepatite C, completado desde que Vigo se sumou ao proxecto “Cidades Libres de hepatite”, en 2021.
O Proxecto Hepcelentes, posto en marcha pola Alianza española para erradicación da hepatite e a Sociedade española de Directivos da Saúde, desenvolve un sistema de certificación de centros de adiccións comprometidos coa eliminación desta enfermidade.
O premio será entregado o próximo 11 de maio en Sevilla, no marco da Cátedra de Hepatoloxía da Universidade de Sevilla.
Camiño Freixeiro
O Concello reabriu ao tráfico o Camiño Freixeiro, unha vez finalizada a rehabilitación do muro, unha obra que se elevou a case 90.000 euros. O alcalde explicou que a tramitación foi moi laboriosa xa que precisou autorización de Patrimonio dado a súa proximidade ao Pazo da Pastora. A Xunta requiriu moita información antes de validar os traballos o que retrasou a execución dos mesmos.