mércores, 26 abril 2023

O Día da Fibrose Quística ilumina de laranxa as Fontes de Aragón

mércores, 26 abr 2023

O Concello súmase á conmemoración da xornada, Día Mundial da Fibrose Quística, coa iluminación esta noite, das Fontes de Aragón de cor laranxa. Con este acto simbólico, a Asociación Galega de Fibrose Quística, quere dar visibilidade á enfermidade, amais de concienciar á poboación neste data sinalada.