O alcalde salienta a "potencialidade" do aeroporto de Vigo
luns, 12 nov 2018A terminal viguesa rexistrou o pasado mes de outubro un total de 106.639 pasaxeiros, o que supón un incremento de case o dez por cento respecto ao mesmo mes do ano 2017.
A terminal viguesa rexistrou o pasado mes de outubro un total de 106.639 pasaxeiros, o que supón un incremento de case o dez por cento respecto ao mesmo mes do ano 2017.
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a clasificación de ofertas para a execución dos traballos que supoñerán a creación de dous novos pavillóns deportivos. Amais deu luz verde ás axudas a once deportistas vigueses de alto nivel por valor de 26.000 euros.
As obras de construción da estación do AVE de Thom Mayne comezarán o próximo 5 de novembro e se prolongarán durante dez meses. Segundo explicou o rexedor será a partir dese momento cando empecen os traballos de adecuación dos accesos nos que se investirán uns 10,7 millóns de euros.
O alcalde informou de que a concesionaria Aqualia levará a cabo nos vindeiros 10 meses a posta en marcha dun sistema que permitirá que non sexa necesario cortar o abastecemento de auga en caso de avarías. O custe será de 1 millón de euros e levarase a cabo a través do Plan de Investimentos de Aqualia.
Abel Caballero avanzou este mércores que dúas fases da humanización estará finalizadas nas vindeiras semanas. O alcalde de Vigo explicou que en total serán renovados 7.000 metros cadrados de beirarrúas e 3 quilómetros de tubaxes.
O alcalde de Vigo anunciou este martes que o Concello modificará a ordenación urbanística de 2008 para incluír a nova normativa de estradas e permitir o desenvolvemento do ámbito de Recaré. Os impulsores do proxecto comercial deberán iniciar unha nova tramitación.
O novo pavillón de Quirós presenta un orzamento de 3,2 millóns e contará cunha bancada para 400 espectadores, converténdose no terceiro de maior aforo da cidade. A obra inclúe unha pista exterior polideportiva, rocódromo e ximnasio. Abel Caballero e Carmela Silva presidiron este luns o acto de colocación da primeira pedra.
O goberno vigués aprobou interpoñer un contencioso administrativo contra a resolución autonómica que denega a aplicación da Lei 3/2016 para construír uns accesos seguros ao colexio. O Concello considera que ten lexitimidade para promovelo e defende a urxencia de mellorar a seguridade na entrada dos estudantes.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou os compromisos ofrecidos polo titular de Fomento, José Luis Ábalos, durante a súa visita á cidade e avanzou que o estudo hidroxeolóxico da Alta Velocidade terá un custe de 1,5 millóns de euros. AVE por Cerdedo, túnel da autovía A55, enlace da AP9 en Buenos Aires, humanización da Avenida de Madrid e accesos ao Ifevi foron os puntos destacados polo rexedor.
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, visitou este mércores o Concello de Vigo, unha reunión "extraordinariamente satisfactoria" na que, tras "cinco anos agardando", se desbloqueou a conexión directa do AVE Vigo-Madrid, a autovía alternativa ao Vigo-Porriño por túnel, a remodelación da Avenida de Madrid e o novo enlace Teis-centro á altura da Avenida Bos Aires.