Escoitar

O Concello reformulará os accesos a Recaré para adaptarse á normativa de estradas

O alcalde de Vigo anunciou este martes que o Concello modificará a ordenación urbanística de 2008 para incluír a nova normativa de estradas e permitir o desenvolvemento do ámbito de Recaré. Os impulsores do proxecto comercial deberán iniciar unha nova tramitación.

martes, 16 out 2018
1539690581161018AlcaldeRueda.JPG
O Concello de Vigo reformulará os accesos ao ámbito urbanístico de Recaré para adaptarse á normativa de estradas e permitir que o proxecto comercial poida desenvolverse nos vindeiros meses.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que a demarcación de estradas do Estado, dependente do Ministerio de Fomento, emitiu un informe desfavorable respecto ao proxecto comercial de Recaré no que sinala que o ámbito está afectado pola autovía A55.

"A decisión pon de manifesto que a este Goberno si lle importa moito a autovía", destacou o rexedor antes de explicar a organización do novo acceso coa A55 debe ser modificar tras cambiar a normativa de estradas.

O Concello levará a cabo a modificación urbanística de forma inmediata. "Estamos na posibilidade de modificar a ordenación do plan de 2008 para facer posible a ordenación na nova normativa de estradas e estamos no momento no que os titulares do ámbito teñen que iniciar unha nova tramitación", sinalou Caballero. Tamén incidiu o alcalde en que o proceso "irá moi rápido" podería estar listo "en poucos meses".
Descargar todas as imaxes